Chega o fin de curso e saimos á praia de Cabanas facer castelos de área! Vaia creatividade teñen @s meus nen@s! Quedaron uns castelos maravillosos!
Vouvos botar en falta!
Boas vacacións! Merecidísimas as tedes!
Bicos
Mar
Continuando co programa de MEDRANDO NUN ESPAZO EN IGUALDADE desenvolvido no CEIP.Couceiro Freijomil nos últimos anos e mais en concreto co tema do patio e a igualdade de xénero, os nenos/as de 4º A e B acudiron a unhas xornadas con actividades dirixidas a deseñar un patio máis inclusivo. Foron unhas xornadas moi produtivas! Deseñaron, por grupos, uns patiosonde todas as nenas e nenos poidan exercer o seu dereito ao xogo e medrar máis libres. Un dos espazos máis demandados no patio é un espazo dedicado a actuacións, representacións, así que, algúns/algunhas d@s alumn@s de 4º A xa fixemos os nosos primeiros "pinitos". MOITAS GRAZAS AO ANPA!
Comentarios
Publicar un comentario